O HOME DO SACO


CASTELAO, DEBUXANTE INCLASIFICABLE

⊆ Xuño 16th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en CASTELAO, DEBUXANTE INCLASIFICABLE

O achegamento á realidade social de Galicia e a súa crítica teñen como máximo represeneante a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A forza  da súa obra non só estriba na súa calidade estética senón, ante todo, na súa carga ideolóxica xa que concibía a arte como un medio de acción política. De entre as súas obras destacan o Álbum Nos e unha serie de Álbums de Guerra como Atila en Galicia, Galicia Mártir ou Milicianos.


CINCO MOTIVOS POLO IDIOMA GALEGO DITOS POR SÈCHU SENDE.

⊆ Xuño 16th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en CINCO MOTIVOS POLO IDIOMA GALEGO DITOS POR SÈCHU SENDE.
  • Identidade (somos glegos, falamos galego).
  • Igualdade lingüística.
  • Xustiza social.
  • ECONÓMICO. Tal e como se viu, na historia, sen galego somos máis pobres.
  • Todas as linguas, TAMÉN O GALEGO, temos os mesmos dereitos e deberes.

TRABALLO DE LINGUA GALEGA

⊆ Abril 14th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en TRABALLO DE LINGUA GALEGA

A LINGUA GALEGA HOXE: ACTUALIDADE.

MESA POLA NORMALIZACIÓN:

 1. Por que se convoca a manifestación do día 17 de maio?

A manifestación convócase en defensa da lingua e en contra das propostas do actual goberno da Xunta, que ataca á lingua propia de Galiza intentando destruir a súa oficialidade; tal e como dixo Carlos Callón (de Mesa pola Normalización) referíndose a Feijóo e tachando, acertadamente, o seu goberno de:”caza de bruxas contra o galego”e á súa política de:”política de desmantelamento da cooficialidade linguística”.

2.Cales son os cinco nomes de muller e de home que máis che gustan. Explica o seu significado.

-Carlos: (do xermánico) home libre e viril.

 -Luís: (do xermánico) glorioso no combate.

 -Marcos: (do latín) dedicado ao deus Marte, martelo.

-Andrés: (do grego) viril.

 -David: (do hebreo) estimado.

 -Marta: (do hebreo) a que provoca, señora.

-María/Maruxa: (do hebreo) señora.

-Laura: (do latín) flor, triunfo, coroada de loureiro.

-Rosalía: (do latín) derivado de rosa.

 -Noelia: (do francés) referente ao Nadal.

3.Busca na Caixa dos Apelidos o significado de 5 apelidos da comarca.

-Bouzas: de “bouza”, terreo inculto ou monte abaixo.

 -Monteiro: provén dun oficio ou profesión (couteiro cazador de animais grandes), deriva da palabra monte.

 -González: de “Gunisalvo”, nome xermánico frecuente en Galicia a partir do século X.

-Tato: probablemente do alcume que subliña un xeito de falar.

 -Cabaleiro: derivado de cabalo. Persoa montada a cabalo ou membro da orde de cabalaría.

4.Cales che parecen as cinco noticias máis interesantes?

-Folga estudiantil no ensino medio o 19 de abril para “parar os ataques contra o galego”.

      Paréceme interesante pois é un claro exemplo da forza do pobo ante a tiranía dos opresores; e, neste caso, da propia forza de rebelión dos estudantes, que reclaman o que lles pertence, un ensino no seu idioma.

 -“Si haces la prueba en gallego no te la corregimos”.

     Paréceme indignante, por eso a subin ao blog, que no concello de (“la city”) de Redondela que, ó mellor cambiaron de sitio e agora non está en Galiza (ja,ja) non contraten a unha potencial traballadora por expresarse en galego na entrevista.

-“Queremos Galego” chama a ateigar as rúas de Compostela o vindeiro 17 de maio nunha nova manifestación “en favor da lingua que nos une”.

      Paréceme interesante pois é unha clara mosta da fraternidade entre os falantes de galego, que se unen baixo a mesma bandeira, para defender o mesmo obxectivo, preservar o seu idioma.

 -ABERTOS AO GALEGO. As empresas de Abertos ao galego: Demo Editorial.

     Interésame pois esta iniciativa pretende potenciar a autores de banda deseñada da nosa terra.

 -Veciñas compostelás procedentes de fóra de Galiza reclámanlle a Conde Roa que fale en galego.

      Esta noticia escollina porque, literalmente, fíxome caer da cadeira coa risa. O motivo, pois moi sinxelo, que un grupo de veciñas de Santiago composto por: unha catalana, unha arxentina e unha francesa de Bretaña; tivesen que lle reclamar, xunto co presidente da Mesa pola Normalización, ao alcalde de Roa que se expresase en galego é algo irónico na miña opinión, xa que; isto amósanos unha situación paradóxica, pois teñen que intervir as persoas de fóra para defendender os nosos ideais e o noso idioma, polos cales nós nin tan sequera nos interesamos.

5.Bótalle un ollo á tenda e comenta o que che pareza interesante.

 -A chapa “EU AMO O GALEGO”.

     Este artigo gústame xa que a través dunha frase sinxela amósanos o obxetivo de todos os que defendemos o galego, que é defender e protexer a nosa lingua.

 -A chapa do pingüín e a camisola do pingüín.

     Estes artigos interésanme xa que nos incitan a romper cos monótonos modelos sociais que nos están a impor, e que so intentan converternos en autómatas sen capacidade de pensamento. Ademais, sorprendeume moito a imaxe que aparece para dar esta mensaxe, uns pingüíns comúns seguindo ben ordenados oseu camiño, e no medio o rebelde que se move en sentido contrario aos demais, e cuxa cor branca o fai destacar na monotonía dos seus conxéneres e nos invita a romper coas normas impostas pola tiranía e os opresores.

WWW.CHUZA.ORG

1. Por que está convocada unha folga de estudantes o 19 de abril?

     O 19 de abril está convocada unha folga para denunciar que a porcentaxe de horas semanais que se imparten en galego non chega ao 20%, e tamén para pedir que o galego exista nas materias cinetífico-técnicas nas cales se impón o castelán. Desta maneira quérese reivindicar o uso do galego no ensino e á súa utilidade en todo tipo de materias.

2. Bótalle un ollo á nova páxina de música galega. Procura os cinco grupos que mais che gusten. Escóitaos e coméntaos.

 – HERDEIROS DA CRUS

     É unha banda de rock do Barbanza formada en 1990. Destacan pola mestura nas súas cancións do rock anglosaxón dos 70, en canto á música, e unhas letras e un xeito de fala próximo aos seareiros. O que máis me chamou a atención foi a facilidade para compoñer letras tan características. Fan uso da fala coloquial co seseo e gheada, propio da zona do Barbanza.

  -MACHINA

     É unha banda de rock alternativo formada en Cerceda no ano 2002. Destacan pola súa mestura de sons hip-hop, beatbox, tradicional, etc.

 -DIPLOMÁTICOS DE MONTEALTO

     Banda de música rock galega formada en 1991 e disolta en 2003. Foi o máximo expoñente do rock galego e marcou un punto de inflexión na música rock galega.

 -DONICELAS

     Grupo de música tradicional galega. Van vestidos de traxe tradicional e gústanme polo seu parecido cas Malvelas.

 -O LEO I ARREMECÁGHONA

     É un cantautor punk da parroquia viguesa de Matamá. Chamoume a atención pola sinxeleza da súa música e e pola defensa do galego empregando a frase “Eu nunca serei yo”

3. Que piden os “millares de euskaultzales ” en Baiona?

     Con fraes como “Gure hizkuntaza, eskubidebat, lege bat” ( “a nosa língua, un dereito, unha lei”) os millares de euskaultzales reclaman a oficialidade do euskera así mesmo como o dereito a vivir en euskera.  

José Luis Puga Guzmán

Andrés Lareu Lorenzo 

 


MEMORIAS DUN NENO LABREGO. 50 ANIVERSARIO

⊆ Marzo 23rd, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en MEMORIAS DUN NENO LABREGO. 50 ANIVERSARIO

Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre.

Así comeza a obra mais lida da literatura galega, Memorias dun neno labrego, escrita por Xosé Neira Vilas en 1961.

O libro pretende contar o día a día dun rapaz da aldea galega, as penurias, inxustizas e traballos que ten que soportar.

Este libro foi traducido ós idiomas máis falados do mundo como o alemán, chinés, portugués, español, ruso, italiano, checo, inglés ou francés.


DRAGON BALL Z KAI & XABARÍN CLUB.

⊆ Marzo 21st, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en DRAGON BALL Z KAI & XABARÍN CLUB.

http://www.youtube.com/watch?v=E4tz9oBmkC4


DRAGON BALL Z KAI, a Bola de Dragón da tvg.

⊆ Marzo 21st, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en DRAGON BALL Z KAI, a Bola de Dragón da tvg.


A MOTOSERRA IX. O NOVEL GALEGO

⊆ Marzo 19th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en A MOTOSERRA IX. O NOVEL GALEGO

 

XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN

Naceu en Ourense en 1938. En Madrid, na época universitaria, formou parte de grupo Brais Pinto; tras o regreso a Galicia, participou activamente na política nacionalista da derradeira etapa da ditadura, sempre desde posicións ideolóxicas da esquerda revolucionaria e independentista. Na actualidade reside en Vigo, onde exerce como catedrático de literatura.

Ferrín é un escritor polifacético, que cultiva a poesía, a narrativa, o ensaio e tamén o artigo periodístico. No ámbito da prosa de ficción, pódense distinguir tres etapas na súa obra:

-ETAPA INICIAL: dentro do movemento da Nova Narrativa, con libros de relato como Percival e outras historias (1958) e O crepúsculo e as formigas (1961), ademais da novela  Arrabaldo do norte (1964).

-SEGUNDA ETAPA: na década de 1970, máis centrada en ofrecer unha interpretación política dunha nación imaxinaria: Tagen Ata, metáfora da propia Galicia. Destacan nesta época a novela Retorno a Tagen Ata (1971) e varios libros de relatos breves.

-DESDE 1980: a narrativa de Ferrín combina a fantasía, o simbolismo e o realismo, a recreación da materia de Bretaña, o compromiso político e a recuperación da memoria da represión franquista. Esta etapa iníciase en 1982 cos relatos de Amor de Artur, Arnoia, Arnoia (1987) e Arraianos (1991), e chega ata a actualidade coa novela No ventre do silencio (1999).


A MOTOSERRA VIII.

⊆ Marzo 19th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en A MOTOSERRA VIII.

MANUEL ANTONIO

Manuel Antonio Pérez Sánchez naceu en Rianxo en 1900. Foi desde moi novo unha persoa comprometida e inconformista, vinculada co nacionalismo das Irmandades e do Grupo Nós. Con todo, sempre amosou un espírito independente. Fixo estudos náuticos en Vigo e, como mariñeiro, percorreu medio mundo. Enfermou de tuberculose e morreu en 1930.

Manuel Antonio só publicou un poemario titulado De catro a catro (1928), aínda que postumamente se publicaron outros poemas seus. Tamén foi autor xunto con Álvaro Cebreiro, do manifesto Máis alá ! (1922), onde expresou o seu inconformismo vital e estético.

De catro a catro é unha das obras máis orixinais da poesía galega contemporánea. Son dezanove poemas que mostran unha travesía marítima que representa tamén unha viaxe interior do ser humano.

A súa técnica poética recolle a influencia vangardista, sobre todo do creacionismo de Vicente Huidobro, que concibía o poema como unha sucesión de imaxes. Outros trazos vangardistas de Manuel Antonio son o verso libr, a técnica co caligrama, o uso dde léxico tecnicista e de estranxeirismos, a ironía, os xogos humorísticos coas imaxes e a fuxida do sentimentalismo de carácter romántico.


A MOTOSERRA VII.

⊆ Marzo 19th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en A MOTOSERRA VII.

EDUARDO PONDAL

Pondal é o máximo expoñente da literatura do rexionalismo galego. Idealiza o pasado céltico de Galicia, que el imaxina libre e independente e como apenas quedan vestixios desta época.Os mitos creados por Pondal baséanse en dous arquetipos: o Heroe e mailo Bardo.

Actualmente a crítica feminista galega cuestionou parte da súa obra, por considerala expresión da violencia patriarcal contra as mulleres.

Utilizou unha lingua aristocratizante, fuxindo da lingua coloquial e incorporando no seu léxico e na súa sintaxe numerosos cultismos. Para isto serviuse dos seus profundos coñecementos das linguas clásicas, remitíndose tamén en ocasións á lingua portuguesa. É famosa a súa frase no leito de morte “déstesme unha lingua de ferro, devólvovos unha lingua de ouro”.

Himno galego

En 1890 o músico Pascual Veiga pediralle unha letra para unha obra que pretendía presentar a un certame na Coruña. Eduardo Pondal compón para a ocasión o poema “Os Pinos”, cuxas dúas primeiras estrofas formarán parte da letra da melodía. En 1907 a composición de Veiga será estreada na Habana é considerada dende entón Himno de Galicia. En 1981 será legalizada como himno oficial polo Estatuto de Galicia.

Que din os rumorosos

Na costa verdecente,

Ó rayo trasparente,

Do prácido luar…?

Que din as altas copas

D’escuro arume arpado,

Co seu ben compasado,

Monótono fungar…?

Do teu verdor cingido,

É de benígnos astros,

Confin dos verdes castros,

E valeroso clán,

Non dés a esquecemento,

Da injuria o rudo encono;

Despérta do teu sono,

Fogar de Breogán.

 

Os boos e generosos,

A nosa voz entenden;

E con arroubo atenden,

O noso rouco son;

Mas, sós os ignorantes,

E férridos e duros,

Imbéciles e escuros

No-nos entenden, non.

Os tempos son chegados,

Dos bardos das edades,

Q’as vosas vaguedades,

Cumprido fin terán;

Pois donde quer gigante,

A nosa voz pregóa,

A redenzón da bóa

Nazón de Breogán.


O MELLOR PROFE DE GALEGO… O “XABARÍN CLUB”

⊆ Marzo 12th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en O MELLOR PROFE DE GALEGO… O “XABARÍN CLUB”


Parse error: syntax error, unexpected ''You are currently browsing th' (T_CONSTANT_ENCAPSED_STRING) in /var/www/bloga/wpmu/wp-content/themes/3colours-30/sidebar.php on line 59