O HOME DO SACO


A MOTOSERRA X.

 

ÁLVARO CUNQUEIRO

 OBRA NARRATIVA:

A obra literaria do autor mindonense é unha das máis orixinais da cultura galega, e abrangue poesía, narrativa e teatro. No ámbito narrativo, Cunqueiro destacou pola súa capacidade para inventar un mundo propio onde mestura o cotián e o marabilloso, o real e o mítico, o irónico e o humorístico, a tradición popular e a cultura universal.

A obra de Cunqueiro inscríbese no denominado realismo máxico ou fantástico.

Na súa obra en galego, Cunqueiro cultivou tanto a novela coma o relato breve; no xénero novelístico deixou tres obras destacadas: Merlín e familia, As crónicas  do sochantre e Se o .vello Sinbad volvese ás illas.

Estas tres novelas son recreacións de personaxes e mitos literarios que Cunqueiro adapta de modo orixinal. Ademais as tres novelas empregan a mesma estrutura: hai un narrador principal que vai presentando a un grupo de personaxes, os cales, á súa vez, actúan como narradores doutras historias secundarias que enriquecen o relato.

Cunqueiro publicou tamén tres libros de relatos breves: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes. Estas obras forman un ciclo de retratos de personaxes que están vinculados coa tradición popular oral da cultura galega. Como acontece sempre na súa obra, mestúranse o real e o imaxinario de xeito natural; son pequenas anécdotas onde aparecen combinados o humor e máis a imaxinación desde unha perspectiva fondamente galega.

Os comentarios están pechados.

Parse error: syntax error, unexpected ''You are currently browsing th' (T_CONSTANT_ENCAPSED_STRING) in /var/www/bloga/wpmu/wp-content/themes/3colours-30/sidebar.php on line 59