O HOME DO SACO


O ARTE DE PILOÑO: PACO LAREO

⊆ Xuño 17th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en O ARTE DE PILOÑO: PACO LAREO


QUE VIVA O FUTBOL DAS CRUCES !!!!!!!

⊆ Xuño 17th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en QUE VIVA O FUTBOL DAS CRUCES !!!!!!!

SD Cruces

 


CELTA E DEPOR A POLA LIGA BBVA !!!!!

⊆ Xuño 17th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en CELTA E DEPOR A POLA LIGA BBVA !!!!!

 


OS MÁIS BUSCADOS

⊆ Xuño 17th, 2012 by ohomedosaco | ˜ 1 Comment »

8º Os galegófobos 

 [Non sei que mal lle fixo o galego]

 

7º  A Igrexa

 

 

O voso mártir durou 33 anos, nós levámolo sendo pola vosa culpa VARIOS SÉCULOS.

 

6º  Risco

Por ben ou por mal foi un traidor!

 

5º  Fraga

“Se puede ser galleguista sin ser nacionalista, que es una traición a España y a la Constitución” – Manuel fraga

 

4º  Aznar

“Rajoy es una buena persona, su único defecto es que es gallego, y el mío, mi pequeño retraso mental” – Aznar

 

3º  Quevedo e Góngora

“Antes puto que gallego”Quevedo

Oh, montañas de Galicia,
Cuya, por decir verdad,
Espesura es suciedad,
Cuya maleza es malicia,
Tal, que ninguno codicia
Besar estrellas pudiendo,
Antes os quedais haciendo
Desiguales horizontes;
Al fin, gallegos y montes,
Nadie dirá que os ofendo”.

Góngora


 

 

2º Valle- Inclán

 

 

 

Galego ou non?

 

1º Franco

Hacemos entrega a Francisco Paulino Hermenegildo Teódulo Franco Bahamonte del primer puesto, y se lo ponemos en castellano por si no nos entiende, en el ranking de los más buscados, con los siguientes cargos: MATAR A SU LENGUA, MATAR A SU PATRIA y MATAR A SU GENTE.

 

 

 

 

 


HOMENAXE A PAHÍÑO, O “PICHICHI” GALEGO

⊆ Xuño 17th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en HOMENAXE A PAHÍÑO, O “PICHICHI” GALEGO

Pahíño


ESPAÑA CANTOS BALÓNS DE OURO TEN? ….. CERO!!!! E GALIZA? …… UN!!!!!!!!

⊆ Xuño 17th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en ESPAÑA CANTOS BALÓNS DE OURO TEN? ….. CERO!!!! E GALIZA? …… UN!!!!!!!!

Luis Suárez, " O Arquitecto"

 

LUIS SUÁREZ,  ” O ARQUITECTO “

BALÓN DE OURO NO ANO 1960

 


TRES DEPORTISTAS GALEGOS E LOGROS

⊆ Xuño 17th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en TRES DEPORTISTAS GALEGOS E LOGROS

MICHEL SALGADO

  • 2 veces campión da Copa de Europa, en 2000 e 2002.
  • 1 vez campión de la Copa Intercontinental en 2002.
  • 1 vez campión da Supercopa de Europa, en 2002 .
  • 4 veces campión de la Liga Española, en 2001, 2003, 2007 e 2008.
  • 3 veces campeón da Supercopa de España, en 2001, 2003 e 2008.
  • Foi 53 veces internacional absoluto ca selección española.
  • 1 Eurocopa Sub-21 en 1998.

 

DAVID CAL

  • 3 pratas e 1 ouro nos xogos olímpicos.

  • 3 pratas, 1 ouro e 1 bronce en campeonatos mundiais

  • 3 brones e 1 prata en campeonatos europeos.

 

XAVIER GÓMEZ NOIA

  • Campión do mundo sub-23 (2003).
  • Campión de Europa (2007).
  • Campión de Europa (2009).
  • Campión de Europa (2012).
  • Campión da Copa do Mundo (2006).
  • Campeón da  Copa do Mundo (2007).
  • Campión do Mundo (2008).
  • Campión do Mundo (2010).

 

 


A MOTOSERRA XI.

⊆ Xuño 16th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en A MOTOSERRA XI.

 

VALENTÍN PAZ ANDRADE

 

Valentín Paz Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e falecido en Vigo o 19 de maio de1987, foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista. Este ano adicouselle o Día das Letras Galegas en homenaxe á súa traxectoria a prol do galego.

En canto á obra de Paz Andrade destaca:

Ensaio literario, histórico e económico

  • A galecidade na obra de Guimarães Rosa.
  • Castela na luz e na sombra.
  • Galiza lavra a sua imagen.

Poesía

  • Pranto matricial
  • Canto do pobo disperso
  • Sementeira do vento
  • Cen chaves de sombra
  • Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo
  • Antoloxía
  • Poesía completa

Narrativa

  • Soldado da morte (1921, inacabada e inédita).

OS MAIAS, RELATO SOBRE A LINGUA

⊆ Xuño 16th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en OS MAIAS, RELATO SOBRE A LINGUA

Corre o ano 2500 a.C. e os primeiros ancestros do pobo maia comezan a poblar a zona de Guatemala e Chiapas influidos pola civilización dos olmecas. Estes primeiros poboadores foron evolucionando ao longo da historia creando auténticas cidades.

Pero esta evolución sofre un ataque a finais do século XVII, cando o Imperio Español, dirixido por Hernán Cortés, fai intentos de conquistar os territorios ocupados polos maias.

 Os maias resisten os ataques do exército español en Chichén Itza ainda que moitos maias perden a vida nun intento de defensa contra as tropas españolas que arrasaban sen piedade todo o que atopaban ó seu paso.

 O xeneral maia Pakal recibe información de que Hernán Cortés pretende aniquilar os maias dunha vez por todas e informa desta situación a Ah Xupan Xiu, lider maia da época, que recorda como a civilización maia axudara aos españois e agora os españois eran os que os pretendían aniquilar. Pero pese a todo Ah Xupan Xiu decide non abandonar e loitar ata o final por defender a cultura dos seus ancestros, unha cultura moi arraigada que ao longo dos anos e séculos foi evolucionando de maneira sorprendente e que nunca se esvaeceu no seu intento de medrar.

 Entre os maias, con Ah Xupan Xiu ao mando, e os españois, con Francisco Pizarro, ten lugar unha batalla. Isto fai que se desate o medo na cidade de Chichén Itza.

  A batalla remata coa victoria do exército español e a derrota de Ah Xupan Xiu, que se desespera porque ve perigar a continuidade dos maias e porque moitos caciques e autoridades locais maias axudaron ós españois  e deixaron de lado e tiraron por terra todo o traballo que ao longo de máis de 3000 anos os acentros maias realizaran. Tiraron por terra un idioma riquísimo que se fora forxando co paso do tempo e das xeracións.

 Ah Xupan Xiu morre, pero como se non fora pouco o sufrimento pasado, xa case moribundo ten que ver como a súa cidade é destruída polas tropas españolas. Esta destrucción provocou a queima da biblioteca maia de Chichén Itza coa perda de gran parte da cultura e sabedoría maia que quedou prácticamente reducida a nada.

 Despois dos ataques dos españois so quedadon uns 100.000 maias dos varios millóns que había antes da chegada dos españois. Os poucos maias que quedaron emigraron ata zonas de Guatemala, México, Belice, Honduras, etc. e forman na actualidade un conxunto de sete millóns de persoas das cales arredor de 400.000 falan a lingua maia ou iucateca.


A MOTOSERRA X.

⊆ Xuño 16th, 2012 by ohomedosaco | ˜ Comentarios desactivados en A MOTOSERRA X.

 

ÁLVARO CUNQUEIRO

 OBRA NARRATIVA:

A obra literaria do autor mindonense é unha das máis orixinais da cultura galega, e abrangue poesía, narrativa e teatro. No ámbito narrativo, Cunqueiro destacou pola súa capacidade para inventar un mundo propio onde mestura o cotián e o marabilloso, o real e o mítico, o irónico e o humorístico, a tradición popular e a cultura universal.

A obra de Cunqueiro inscríbese no denominado realismo máxico ou fantástico.

Na súa obra en galego, Cunqueiro cultivou tanto a novela coma o relato breve; no xénero novelístico deixou tres obras destacadas: Merlín e familia, As crónicas  do sochantre e Se o .vello Sinbad volvese ás illas.

Estas tres novelas son recreacións de personaxes e mitos literarios que Cunqueiro adapta de modo orixinal. Ademais as tres novelas empregan a mesma estrutura: hai un narrador principal que vai presentando a un grupo de personaxes, os cales, á súa vez, actúan como narradores doutras historias secundarias que enriquecen o relato.

Cunqueiro publicou tamén tres libros de relatos breves: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes. Estas obras forman un ciclo de retratos de personaxes que están vinculados coa tradición popular oral da cultura galega. Como acontece sempre na súa obra, mestúranse o real e o imaxinario de xeito natural; son pequenas anécdotas onde aparecen combinados o humor e máis a imaxinación desde unha perspectiva fondamente galega.


Parse error: syntax error, unexpected ''You are currently browsing th' (T_CONSTANT_ENCAPSED_STRING) in /var/www/bloga/wpmu/wp-content/themes/3colours-30/sidebar.php on line 59